inicio
Viña Moraima S. Coop. Galega é unha pequena cooperativa vitivinícola que naceu no ano 2006 no concello de Barro (Pontevedra), e que figura dende o inicio da súa actividade acollida á Denominación de Orixe Rías Baixas. O signo distintivo de Viña Moraima é que está formada por viticultores, algúns con tradición familiar centenaria, que decidiron unirse para elaborar viños coas características propias das plantacións das Abas do Val do Salnés.
Partindo dunha agricultura de produción integrada, a cooperativa investiu fundamentalmente en dotar á bodega dos medios técnicos que permiten sacar o máximo partido á calidade da uva, dando como resultado uns viños monovarietais albariño 100% nos que se aprecian as súas características propias. Na actualidade, Viña Moraima elabora dous viños: ABA DE TRASUMIA e MORAIMA.


