a adega
A adega ten unha producción limitada de 30.000 botellas. Elabora un albariño cuxa orixe se atopa no viñedo, cunha calidade que destaca por riba de todo. Moraima é un viño mimado que da como froito un albariño feito na viña (Terroir) e non na adega.
A adega non investiu en pedra, senón no equipamento necesario cunhas características enolóxicas favorables, que permita sacar o móximo partido ao que dan as viñas; falamos, pois, dun viño de "Garage".
O obxectivo é claro, elaborar un albariño que conteña todo aquilo que singulariza os caldos tradicionais de Barro: o mimo da cepas, os viñedos emprazados nas ladeiras onde sempre estiveron e as técnicas culturais propias da zona. Sempre, cunha premisa a non esquecer: o que dea a viña é o que se vai embotellar.