axenda
→ calendario vitivinícola
12/6/2008
» O viñedo e o viño
Parece que por fin temos un tempo algo máis estábel. As choivas das últimas semanas, xunto con temperaturas medias superiores aos 10º C, facían que o viñedo fose especialmente sensíbel ao ataque de fungos como o mildeu ou, en menor medida, oidio ou botrite. Ademais, dende o punto de vista do ciclo vexetativo da planta, as vides atópanse no momento de floración, feito crucial para poder estimar a colleita, e no que a choiva tamén pode ser un factor limitante por humedecer os capuchóns florais impedindo que caian e, por tanto, dificultando tamén o callado dos froitos. Nestes momentos as condicións climatolóxicas viraron a favor con temperaturas medias máis altas, ausencia de precipitación e vento do norte que favorece a axitación dos gromos (aínda que rompen algúns) e, por tanto, a caída do capuchón e o callado do froito. Outro feito importante é que acabamos de embotellar a nosa segunda colleita: o Moraima 2007. A algúns lles parecerá un pouco tarde, ou ir en contra das tendencias de mercado, pero nós non temos presa xa que o noso obxectivo é claro: ofrecer o mellor de nós en cada botella. O viño a estas alturas está máis feito máis estruturado; é máis rico en matices despois do aporte que lle fai esa lixeira crianza sobre lías, dándolle volume en boca e máis complexidade e matices aromáticos. Pero iso non quere dicir que o viño está listo para ser consumido, pois tras o proceso traumáticoque supón o embotellado, todo o tempo que pase tranquilo na botella vai xogar no seu favor. Así que polo de agora seguimos desfrutando do xa escaso 2006, ainda en progresión ascendente.
14/4/2008
» Son días de vixilancia no viñedo
Empezaron xa a saír os novos gromos nos nosos viñedos. Coas temperaturas elevadas de días pasados observouse un maior crecemento, atopándonos actualmente no estado fenolóxico "E". A previsión meteorolóxica anuncia posibilidade de precipitacións para os vindeiros días, pero tamén un descenso significativo das temperaturas co que, de cumprirse ámbalas dúas circunstancias, as condicións ambientais non serán moi favorábeis aos patóxenos. Aínda é cedo para iniciar os tratamentos, pero en caso de choivas convén incrementar a vixilancia. Na adega, o viño da colleita 2007 espera tranquilo antes de sair ao mercado no próximo mes de xuño. Nestes momentos, amósase aromaticamente moi intenso cun predominio varietal onde destaca a froita por enriba de todo. En boca revélase fresco, persistente, evolucionando en amplitude e equilibrio gustativos semana tras semana.
15/2/2008
» Tempo de podas e análise
Mentres o resultado da colleita do derradeiro setembre continúa co seu tranquilo proceso de evolución sobre unha lía fina na cuba, o traballo dos socios de Viña Moraima pasa ahora por prestar unha maior atención ao viñedo, un pouco olvidado trala vendima.
Ao amparo dos días de sol que nos brindou este derradeiro mes, procedemos a realiza-la poda nas viñas, nas que nos atopamos cunhas vides sans e ben agostadas. O clima seco foi especialmente propicio, o que nos axudará a evitar futuros problemas de hongos.
Tamén é o momento propicio para facer analíticas ao terreo que nos indicará a necesidade de realizar algún tipo de corrección no mesmo.
→ novas de carácter xeral
25/9/2008
» Vendima 08
Tras todo un ano coidando e traballando as viñas, chegou o momento de recoller os froitos.
Dende finais de agosto leváronse a cabo os pertinentes controis de madurez e do estado sanitario da uva. Con un fin de verán tan inestable con continuas precipitacións e poucas horas de insolación, a madurez retardouse unha semana con respecto as dúas campañas precedentes e fixo que a non aplicación de antibotríticos supuxera un risco extra para a colleita.
Pasado o tempo de inestabilidade das últimas datas, atopámonos agora baixo a influencia dun anticiclón que favorece que a vendima se aborde de forma tranquila. Estes últimos días de bo tempo propiciaron que a uva se atope en óptimas condicións para a súa recollida.
Empeza a vendima!

20/7/2008
» Viña Moraima, copatrocinador da 11ª Regata do Real Club de Mar de Aguete
Durante os días 1 a 3 de agosto terá lugar no Real Club de Mar de Aguete a súa 11ª Regata de Cruceiros, que este ano será por primeira vez Campeonato Galego de Cruceiros absoluto para as clases ORC 570, ORC 670 y ORC OPEN, e tamén Copa de España zona de Galicia.
Por segundo ano consecutivo, Viña Moraima seráun dos patrocinadores desta importante proba deportiva.

23/5/2008
» Viaxamos a Donostia
O vindeiro día 26 de maio, Viña Moraima estará presente en San Sebastiá, nun evento organizado polo Consello Regulador da D.O. Rís Baixas para dar a coñecer os nosos viños, e que terá lugar no Hotel María Cristina.
Entre 17,30 e 19 horas, terá lugar nun dos salóns do hotel unha xornada técnica dirixida a sumilleres, na que un técnico de Consello Regulador dará un pequeno relatorio sobre a denominación e os seus viños, seguido da cata de diferentes elaboracións.
Asemade, entre 18 e 22 horas desenvolverase a cata e degustación ofrecida polas diferentes bodegas (entre as que nos atopamos) ao sector profesional convocado ao efecto.

15/4/2008
» E agora, Gourmets
Durante estes días, Viña Moraima estará presente no "Taller de los Sentidos Gourmets" que ten lugar entre os días 14 e 17 de abril en Madrid, no Recinto Feiral da Casa de Campo. Para todos aqueles interesados en coñecernos, bastará con que se acheguen ao Pabellón de Cristal, en cuxa terceira plante (stand 3124) poderá atoparnos.
Ainda que os viños da D. O. Rías Baixas son xa habituais en Gourmets, que se atopa na súa novena edición, será esta a primeira vez na que Moraima está presente no mesmo. Será esta, ademais, a súa presentación en Madrid, a onde ainda non tiveramos ocasión de amosar o noso traballo

7/4/2008
» Moraima en Vinis Terrae
Durante os días 7 e 8 de abril, Viña Moraima estará presente en Vinis Terrae, I Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade, que ten lugar en Ourense.
Vinis Terrae está dirixido exclusivamente a profesionais, e pretende reunir a produtores de viños e licores de calidade de Galicia. O seu obxectivo é converterse nun centro de negocios que facilite o contacto entre as bodegas das diferentes D.Ou. existentes en Galicia tanto con compradores nacionais como con importadores.
Se ben Viña Moraima dispón xa dun calendario de citas para estes dous días, sen dúbida algunha será unha boa posibilidade para que calquera dos asistentes poida achegarse a coñecer mellor o noso proxecto empresarial e o noso viño.

25/2/2008
» Adeus ao Forum Gastronómico de Santiago 08
Entre os días 16 e 20 de febreiro estivemos presentes no Forum Gastronómico '08 celebrado en Santiago de Compostela.
Unhas quince mil persoas pasaron durante estes días polo Palacio de Congresos da capital de Galicia; o que demostra o gran éxito deste evento tanto no que se refire aos dous días de apertura ao público en xeral, como no congreso profesional que tivo lugar entre luns e mércores coa participación de grandes personalidades da cociña a nivel mundial coma Carme Ruscalleda, Seiji Yamamoto ou Ferrán Adriá, entre outros.
Foron moitos os visitantes que pasaron polo posto de Viña Moraima. Algúns deles tiveron a oportunidade de achegarse ao noso proxecto por primeira vez; outros que xa nos coñecían, quixeron achegarse a saudarnos e intercambiar impresións connosco.
Con todos eles, compartimos unha experiencia única no panorama gastronómico do noso país; que terá a súa continuación, segundo todo parece indicar, dentro de dous anos.

» Fórum Gastronómico de Santiago de Compostela
Atopámonos non só diante da primeira feira do ano 2008 para Viña Moraima senón tamén diante dun evento totalmente diferente aos que temos visitado ate o de agora, pois o que se nos aveciñ é, a dicir dos expertos, o fito que cambiará a historia gastronómica de Galicia: mañá inaugúrase o Fórum Gastronómico de Santiago de Compostela (www.forumsantiago.com).
Con sede no Palacio de Congresos desta cidade, entre o 16 e o 20 de febreiro prevese que pasen polo Fórum non só os mellores cociñeiros galegos senón tamén as grandes estrelas internacionais; entre as que cabe destacar ao, segundo moitos, mellor cociñeiro do mundo: Ferrán Adriá.
Nos aproximadamente 5000 metros do recinto daranse cita unhas 150 empresas, entre as que temos a oportunidade de atopamos. Concretamente, todo aquel que queira coñecer o noso proxecto non ten máis que achegarse ao posto número 49.
Se ben trátase dun evento pensado por e para profesionais do mundo da gastronomía e o viño, durante a fin de semana o Fórum estará aberto ao público en xeral, polo que calquera pode achegarse a coñecer as actuais tendencias culinarias.