logotipo de Moraima foto do equipo de Moraima

quen somos


Viña Moraima, S.Coop.Galega é un proxecto que se crea na localidade pontevedresa de Barro. Unha das principais razóns para levalo a cabo é a tradición colleiteira secular de Barro, que forneceu de viño á cidade de Pontevedra. Os socios desta adega antes de seren viticultores foron colleiteiros, cando os restauradores de Pontevedra ían buscar o viño polas pequenas adegas das casas de Barro. Cos novos tempos, estes colleiteiros deixaron de elaborar o viño, as súas pequenas adegas de chan de terra xa non cumprían coas novas normativas cada vez máis restritivas e pasaron a vender a uva ás grandes adegas.

Viña Moraima, S.Coop.Galega trata de recuperar unha forma de facer as cousas, fundando unha adega na que elaborar o seu propio viño, coa idea clara de facer unha aposta seria pola calidade. Para isto, nada mellor que conxugar o bo facer e tradición de varias xeracións de viticultores e colleiteiros, coa incorporación de xente nova formada e preparada en viticultura e enoloxía que logre compaxinar estes dous mundos e plasmalos nun viño. Todos teñen un obxectivo común: poñer en valor o seu saber vitivinícola e o potencial das súas viñas para sacar ó mercado un dos mellores albariños da D. O. Rías Baixas.

logotipo que indica proxecto cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) logotipo que indica proxecto cofinanciado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia
logotipo que indica CSS validado logotipo que indica XHTML ben formado logotipo que indica nivel de accesibilidade WAI-AA