Nós

Quen está detrás de Viña Moraima

Un pequeno grupo de viticultores procedentes de familias tradicionalmente vencelladas ao cultivo da viña e a elaboración do viño, que no ano 2006 decidimos unirmos en forma de cooperativa. Xuntando compromiso e ilusión, o noso obxectivo é preservar as viñas das parcelas propias herdadas dos nosos antergos, continuar co seu traballo e elaborar uns viños que nos acheguen á nosa tradición aproveitando as actuais tecnoloxías.

A nosa adega

Viña Moraima S.Coop.Galega

Somos unha adega situada no concello pontevedrés de Barro, no Alto Salnés, pertencente á D.O. Rías Baixas.

Os nosos viñedos

O tesouro de Viña Moraima

Xeoloxicamente ubicados na Dorsal Meridiana, nas abas do Val do Salnés, os nosos viñedos están sometidos á influenza atlántica perfectamente identificábel nos nosos viños.

Os nosos viños

O resultado de tradición, traballo e viñedo

Aba de Trasumia

Perfecto equilibrio entre frescura e madurez

Moraima Albariño

Albariño sobre lías de cepas prefiloxéricas

Moraima Caíño

O noso tinto atlántico con cen anos de tradición

Mausiño

O noso esforzo pola recuperación dunha variedade case extinta única no mundo

Enoturismo

Interésache saber máis de nós e de como elaboramos os nosos viños?
Realiza una visita guiada pola nosa adega, e degústaos.

Novas

Cousas que facemos, lugares que visitamos…

Música e viño en Barro no Rock no Alboio 2023 – CANCELADO

#CANCELADA  🥲 por mala metereoloxía ⛈️ Desde a adega queremos convidarvos a un magnífico plan deste outono, metereoloxicamente atípico. O 21 de outubro, no Pazo da Crega de Barro, moi pertiño da nosa adega, vibrará co ritmo efervescente do Rock no Alboio 2023....

Tres novas medallas

Rematamos a semana con novos recoñecementos para a nosa adega que fará 16 anos durante o corrente 2022. Desta volta e como xa e habitual por estas datas, a prestixiosa Guía de Vinos, Bodegas y Destilados de Galicia edita por Servino na súa edición de 2022 tivo a ben...

… e a filla de Moraima veunos visitar!

Moito nos tedes preguntado porqué o nome de Moraima, e esta é unha historia que tivo o seu xerme, sen nós sabelo, fai moitos anos; antes incluso de que a idea de xuntarnos neste proxecto pasara polo noso maxín. A cousa foi tal que así: Unha historia persoal Aló polos...

Aba de Trasumia 2020 Acio de Prata na XXXIII Cata dos viños de Galicia

O premio A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, recoñece a excelencia das adegas galegas nas Catas de Galicia. Neste 2021 fanse 33 anos desde o seu comezo. A semana pasada, achegueime ata Pazo de Quián en Sergude, Boqueixón (A Coruña), sede da AGACAL co...

A vendima

A vendima O mes de setembro está asociado irremediablemente a un dos momentos máis críticos na vida dunha adega: A vendima. Nunhas poucas xornadas, xogámonos o resultado ao traballo realizado durante un ano completo, de coidados de terra e vide; de loita contra os...

Pin It on Pinterest

Esta área está preparada para widgets

Podes colocar aquí calquera widget que queiras.

You can also display any layout saved in Divi Library.

Let’s try with contact form:

My cart
Your cart is empty.

Looks like you haven't made a choice yet.