10 preguntas que te fixeches sobre a poda nas Rías Baixas

by 21/Feb/2019Viticultura

Nunca te preguntaches como chega o viño á túa copa?
Con esta idea comezamos unha serie de entradas que agardamos sexan do teu interese, coa obxectivo de achegarche os traballos e procesos que hai detrás de cada un dos nosos viños.
Imos logo coa poda!

1.Que é a poda?

É o primeiro traballo do ciclo anual do viñedo. Consiste na retirada de porcións da parte vexetativa da vide, para mellorar o seu crecemento natural, rendemento e calidade.

2.Porque podamos?

Para definir a produción da vindeira colleita, tanto en cantidade coma en calidade. Deste traballo, en combinación co atado, condicionase onde nacerán as uvas da vindeira colleita e tamén da seguinte.
Un bo podador é coma un xogador de xadrez, ten que prever as xogadas por adiantado. 🙂

3.Cando podamos?

Cando as cepas están en completo repouso vexetativo, é dicir, cando a vide detén a súa actividade.
Na nosa zona das Rías Baixas, o Alto Salnés, habitualmente é entre mediados de xaneiro e marzo.

4.Algunha vez se poda antes?

As podas de cedo para plantas con pouco vigor son terribles ao sacrificar parte do zume evitando o seu retorno, por iso só en plantacións con moita fortaleza. Nestes casos podemos realizar un poda cedo ou ben moi tardía, cando xa agromou a cepa. Esta como se pode intuír é moi delicada, ao poder afectar os gromos de onde vai vir a colleita.

5.Con que se poda?

A ferramenta principal é a tesoira de podar.O seu mantemento é crítico. Limpar as tesoiras como mínimo unha vez ao día para evitar a transmisión de enfermidades.
En caso de atopar unha cepa enferma, non podala ata o fin da xornada, para evitar contaxios.

6.Por onde se comeza podar?

Comezamos de parcelas máis altas nas abas, e imos avanzando cara ao fondo do val.
O motivo e minimizar o risco de ser afectados por unha xeada.
No noso caso a cantidade de parras no fondo do val é testimonial.

7.Que tipo de poda realizamos?

No albariño podamos a cotón e vara. Basicamente consiste en deixar un cotón e unha vara por diante.

  • Na vara e onde van agromar os acios da colleita do ano.
  • O cotón é o lugar por onde vai medrar a vide, e onde se collerán o novo cotón e vara do ano seguinte.

Nesta variedade, a produción óptima aparece despois do 4º gomo ou xema.

Poda nas rías baixas a cotón e vara (pulgar y vara)

8.Cantas xemas deixas?

Se cadra primeiro hai que explicar o que son as xemas :). Son os vultiños das cepas polos que van seguir medrando. Como podes imaxinar, a decisión de elixir cantas se deixan é unha das máis importantes para a futura colleita.

Entón, respecto a isto non hai regras escritas. Os parámetros que considera un viticultor para tomar unha decisión chave coma esta son: a caste, o vigor, a idade e o terreo.
Na variedade raíña das Rías Baixas nunha cepa normal serían sobre 60 xemas.

9.Que facemos cos restos da poda?

Os restos de poda tritúranse para achegar materia orgánica á parcela, sempre e cando a madeira e sanitariamente óptima.

No caso de que se atope algunha enfermidade, realizamos unha queima deses restos para evitar contaxios.

10. E se o que retiramos son polas ou cepas de máis diámetro?

Iso non se tritura. Retírase.
Os sarmentos do ano anterior, e restos máis grosos de poda dan o combustible perfecto para o asado de carnes.
As vides do ano son a parella perfecta para as sardiñas polo San Xoán.

Poda nas rías baixas

Que tal quedou?
Se che gustou podes deixar un comentario ou compartir esta entrada para que se vexa que estás posto no mundo do viño 🙂

Pin It on Pinterest

Esta área está preparada para widgets

Podes colocar aquí calquera widget que queiras.

You can also display any layout saved in Divi Library.

Let’s try with contact form:

My cart
Your cart is empty.

Looks like you haven't made a choice yet.