A adega
Viña Moraima, S.Coop.Galega
A nosa adega dispón de todo o necesario para ofrecer uns viños (variedades albariño e caíño) que respondan aos parámetros actuais de calidade conservando os sabores e aromas que nos levan á nosa tradición. Pensado o proxecto como unha adega familiar, destinada á elaboración dos viños procedentes das nosas propias explotacións, temos unha capacidade limitada de produción de 100.000 botellas.
Queremos que cada unha destas botellas reflicta o noso sentir pola nosa terra; que traslade a quen nos bebe o afortunados que nos sentimos por todo o que nos deron os nosos antergos e a nosa intención de trasladalo aos que nos sucedan.
Ademais de dispoñer do espazo necesario para a elaboración dos viños, tamén temos a nosa adega aberta para recibir a todas aquelas persoas interesadas no mundo do viño.
Socios
Colleitas
Produción máxima
Viños
A nosa pequena gran historia
