A vendima

by 3/Set/2020Viticultura

A vendima

O mes de setembro está asociado irremediablemente a un dos momentos máis críticos na vida dunha adega: A vendima.

Nunhas poucas xornadas, xogámonos o resultado ao traballo realizado durante un ano completo, de coidados de terra e vide; de loita contra os seus inimigos naturais, insectos, fungos, bacterias, e tamén o tempo metereolóxico, que tanta importancia ten no resultado final.

Segundo a RAG significa:

  1. Operación de coller as uvas das videiras.
  2. Época do ano na que se realiza esa operación.

Non hai dúbida, ou?

Como vai ser a do 2020?

Aínda comezamos agora con ela, sendo algo cedo para sabelo, mais temos algunhas características que case con toda seguridade rematarán por calificala:

  • Cedo. Non a máis ceda de todas, porque fai un par de anos comezamos en agosto. Igualmente apañar as uvas a primeira  semana de setembro non é o máis habitual.
  • Menos produción. Despois duns anos de incremento significativo, este ano agardamos unha merma na cantidade, que repercutirá nunha mellor calidade da mesma.
  • A Covid-19. Inevitablemente o ano 2020 estará ligado a pandemia mundial. Non por obvio, hai que deixar de citalo. Directamente ao viño non lle fai ningún mal, sendo nós os que soportemos a peor parte. En calquera caso, xa levamos meses traballando do mesmo xeito. Máscaras, limpeza e distancia son as 3 chaves para que o noso traballo xa duro de por si, non leve aparellado males maiores.

Como é a vendima normalmente en Viña Moraima?

Debido ao minifundismo, e ao emparrado de moitas das nosas viñas, a mecanización en xeral é testimonial, únicamente no traslado das uvas desde a parra deica a adega. Algunhas características da nosa vendima son:

  • A recollida realízase de maneira manual.
  • Os acios son depositados en caixas de 20 kg de material plástico.
  • A escolla realízase na viña, no mesmo momento da vendima.
  • Como somos unha adega familiar, a vendima é un evento no que xuntarse e compartir. Este ano compartir non vai ser unha opción por desgraza.
  • Seguindo sempre as directrices que dende o Consello Regulador da D.O. Rías Baixas se nos fan chegar a viticultores e adegas.
  • Non remata na viña. Hai varios procesos que non poden agardar. Despois de recoller a uva prodúcense o debagado, prensado, macerado… Deixaremos os detalles para outra ocasión.

Vendímase a un tempo o albariño e o caíño?

Dous dos factores que máis lle afectan ao momento óptimo de maduración, que definen cando debe ser recollidos os acios, son a parcela e a variedade. Cada parcela é un mundo, e aquí entramos nos segredos da adega. En cambio algo máis público é a capacidade de maduración da variedade. Normalmente, a orde que seguimos é:

  1. A primeira é uva Albariña coa que facemos Moraima Albariño e Aba de Trasumia.
  2. Despois a Ratiña, a nai do noso viño experimental: Mausiño.
  3. Finalmente a Caíña tinta, de maduración máis tardía e coa que elaboramos: Moraima Caíño.

Un vídeo para velo todo voando

Anímoche a ver o vídeo que fixemos o ano pasado para facerte unha idea aproximada. Este ano, cambiará sensiblemente polas máscaras e distancias de seguridade. Démoslle ao acelerador para non entreterte demasiado cun proceso que se alonga durante varios días.

Se che gustou anímate a deixarnos un comentario e deséxanos sorte.

YouTube

By loading the video, you agree to YouTube's privacy policy.
Learn more

Load video

Pin It on Pinterest

Esta área está preparada para widgets

Podes colocar aquí calquera widget que queiras.

You can also display any layout saved in Divi Library.

Let’s try with contact form:

My cart
Your cart is empty.

Looks like you haven't made a choice yet.