Aba de Trasumia 2020 Acio de Prata na XXXIII Cata dos viños de Galicia

by 27/Xul/2021Eventos, Premios

O premio

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, recoñece a excelencia das adegas galegas nas Catas de Galicia. Neste 2021 fanse 33 anos desde o seu comezo.

A semana pasada, achegueime ata Pazo de Quián en Sergude, Boqueixón (A Coruña), sede da AGACAL co gallo da entrega de galardóns da XXXIII Cata dos viños de Galicia 2021. Que salientaran Aba de Trasumia cun Acio de Prata entre máis de 400 viños (un aumento significativo fronte ás menos de 350 mostras inscritas en 2020) de case 170 adegas foi todo un agasallo, máis aínda cando nos presentamos unicamente esta marca.

Aínda que na adega estamos convencidos do noso bo traballo que facemos desde esta pequena cooperativa galega, a este evento chegas sen saber quen son os premiados, coma nos Mestre Mateo ou os Oscars de Cine, e aínda que che gostaría, realmente non agardas que o teu viño sexa o elixido.

 Aba de Trasumia 2020 – Acio de Prata.

Tras a sorpresa, o nerviosismo de subir ao estrado, e ao tempo, a honra de ter representado a Viña Moraima na recollida do premio, entregado polo presidente da D.O. Rías Baixas Juan Gil de Araújo.

Roberto Taibo recibe o Acio de Prata por Aba de Trasumia 2020 en XXXIII Catas do Viño de Galicia 2021

Era esta tamén, a primeira vez que se recoñecía un viño de Barro. Moitas primeiras veces nun día.

E volvendo ao viño. Seguro que xa o coñeces pero se non fora así, Aba de Trasumia é un monovarietal 100% albariño que elaboramos coas cepas máis novas dos nosos socios. Por non repetirme moito, tes toda a información na súa páxina.

Por qué Aba e non Moraima?

Pódeche sorprender que o premiado fora Aba de Trasumia e non Moraima Albariño, o noso primeiro viño e buque insignia da adega. O motivo é moi sinxelo. A elaboración de Moraima Albariño é máis complexa e pausada. A entrega de mostras foi fai dous meses, e Moraima Albariño non se embotellará até agosto.

Podes pensalo así, se Aba de Trasumia ten un premio, de Moraima Albariño podes esperalo todo.

Na Adega

E aquí o temos na nosa adega. Este Acio de Prata estará nun lugar privilexiado para que todos e todas poidades velo, e o máis importante, que poidades visitar as nosas instalacións e como non, degustalo.

Lembra que se non atopas Aba de Trasumia na túa túa viñoteca de confianza podes facer dúas cousas:

  1. Dicirlles que nos contacten e que o pidan.
  2. Ou pedilo directamente na nosa tenda web e recibilo comodamente no teu fogar.

Xa probaches Aba de Trasumia? Déixanos un comentario e dinos que che parece.

Roberto Taibo

Roberto Taibo

Enólogo

Pin It on Pinterest

Esta área está preparada para widgets

Podes colocar aquí calquera widget que queiras.

You can also display any layout saved in Divi Library.

Let’s try with contact form:

My cart
Your cart is empty.

Looks like you haven't made a choice yet.