Beber do país: O túnel do viño da AGV pasou por Pontevedra

by 27/Xan/2019Eventos

Coma sempre que nos chaman, onte, acodimos da man da Asociación Galega de Viticultura ao Túnel do viño galego: Beber do país, que no seu periplo recalou novamente en Pontevedra.

O motivo tras esta actividade, non é outro que xuntar viños galegos de todas as Denominacións de Orixe (D.O.) e Indicacións Xeográficas Protexidas (I.X.P.), ademáis de outras zonas de interese vitivinícola do país, e achegalas á hostalaría, distribución e público en xeral, que tivestes a oportunidade de catar máis dun cento deles.

Roberto Rivas, que ademáis de ser socio de adega é presidente da AGV, obríganos asistir, aínda que en realidade imos encantados.

Son estas contadas ocasións nas que, non só levamos os nosos viños amparados pola D.O. Rías Baixas, senon que temos a oportunidade de achegarvos o Mausiño, a vinificación experimental coa variedade Ratiño.

Para rematar tivemos a sorte de inaugurar de xeito oficioso a nova primeira planta do Mercado de Abastos de Pontevedra, a quen aproveitamos para desexar o meirande dos éxitos.

Estiveches onte? Que che pareceu?

Pin It on Pinterest

Esta área está preparada para widgets

Podes colocar aquí calquera widget que queiras.

You can also display any layout saved in Divi Library.

Let’s try with contact form:

My cart
Your cart is empty.

Looks like you haven't made a choice yet.