Ratiño?
O ratiño é unha variedade de uva blanca autóctona, case descoñecida e que practicamente só se pode atopar no Alto Salnés; sen coincidencia xenética con ningunha outra caste identificada.
Non existen viñedos como tal, senón que hai cepas esporádicas, centenarias e prefiloxéricas, das que algúns propietarios vinculan a súa plantación coa construción das vivendas contiguas, aló polo século XVIII.
Estas cepas atópanse sobre solo granítico, ácido e con grandes cantidades de materia orgánica superficial. A súa poda tradicional e a condución en emparrado vertical son reflexo da tradición vitivinícola centenaria do Alto Salnés.
No noso interese por reivindicar o autóctono, traballamos no estudo, recuperación e vinificación desta variedade senlleira.
Intensidade e complexidade, frescura e mineralidade, balsámico. Espello do terroir.
Mausiño

%
Graduación
%
Ratiño
Experimentos
Dúbidas
Viñedo
- Procedente de cepas moi vellas, todas elas centenarias e prefiloxéricas, situadas de maneira esporádica en pequenos viñedos familiares do Concello de Barro e conservadas durante xeracións.
-
Conducción tradicional en emparrado, poda tardía e cultivo integrado. Rendemento de producción moi baixo debido a idade das cepas.
Elaboración
- Vendima a finais de setembro no momento axeitado de maduración.
- Debagado e prensado.
- Desborrado estático.
- Fermentación alcohólica cos lévedos propios da uva a temperatura controlada durante 15 días.
- Conservación en depósito con crianza sobre lías finas con batonage durante 2 meses.
- Fermentación maloláctica espontánea na primavera.
- Non clarificado nen estabilizado antes de embotellar a metade de verán.
MARIDAXE
Ideal para maridar con todo tipo de:
- Mariscos.
- Peixe azul.
- Polbo á galega.
- Queixos graxos.
- Carnes brancas.
Unha aposta pola recuperación da variedade ratiño en colaboración coa Misión Biológica de Galicia, co obxectivo de acadar a súa legalización, e vinificación para xeracións futuras.