Quen somos
Somos a Familia Moraima: 11 viticultores e viticultoras que, arroupados polos nosos, acordamos xuntar os viñedos, algúns deles con cepas centenarias, para elaborar uns viños propios. O feito de constituírnos en forma de cooperativa permite a participación activa dos e das integrantes en todo o proceso, dende o cultivo da viña, ata a saída do viño da adega.
Na actualidade, o Consello Reitor está formado por Salomé Cancela (Presidenta), Javier Cancela (Vicepresidente) e José Bermúdez (Secretario). José Benito García actúa como interventor. Acompañados en todo o proceso por José Manuel López, Manuel Fontán, Roberto Rivas, Diego Rubianes, Jaime Sartal, Rubén López e Elena García.
Contamos coa colaboración no noso día a día de Roberto Taibo (enólogo e xestión) e Mar Outeda (administración e visitas á adega).
Os socios
Os que traballan
