Propiedade intelectual

  1. As marcas, deseños, logos, iconas, software, nomes comerciais, nomes de dominio e similares son titularidade de Viña Moraima, S. Coop. Galega, ou de terceiros que autorizan debidamente a súa inclusión.
  2. Os contidos e materiais prestados por Viña Moraima constitúen unha obra no sentido da lexislación sobre propiedade intelectual e ou industrial. En consecuencia, están protexidos pola lexislación aplicable. Queda, por tanto, prohibida expresamente calquera forma de transmisión, distribución, almacenamento, comunicación pública, posta a disposición, reprodución, enxeñería inversa, desensamblamento, préstamo, alugueiro ou calquera outro acto de explotación pública do presente sitio web, ou o seu contido, sen a autorización expresa e por escrito de Viña Moraima.
  3. O poema Xaneiro 1972, II , cuxos dereitos son propiedade da Fundación Celso Emilio Ferreiro é utilizado nesta páxina web coa autorización expresa do seu titular.
  4. Iconas realizadas por pixelmeetup de Flaticon.
  5. O usuario poderá utilizar os materiais, elementos, contidos e información á que acceda a través da utilización deste sitio web unicamente para as súas propias necesidades, comprometéndose a non realizar directa nin indirectamente unha explotación comercial dos mesmos sen o permiso previo e por escrito de Viña Moraima.

Política de privacidade

A finalidade do presente aviso legal é informar das condicións de uso do presente sitio web, de conformidade co establecido na Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE).

    1. Responsable do tratamento.
      Infórmase a todos aqueles que faciliten datos de carácter persoal a Viña Moraima, S. Coop. Galega tanto ao acceder a esta páxina web como a través das redes sociais que o tratamento dos seus datos é realizado por:
      Responsable: Viña Moraima, S. Coop. Galega.
      N.I.F: F-36493179.
      Inscrición: Rexistro Provincial de Cooperativas de Pontevedra, Tomo 8, Folio 1, Folla 820-PO, Asento 1.
      Enderezo: Porráns nº1-baixo, 36191Barro, Pontevedra.
      Teléfono: 986 711206.
      Correo electrónico: [email protected]
    2. Finalidade do tratamento. O tratamento dos datos realízase coas seguintes finalidades, en función do motivo polo que se teñan facilitado:
        1. contactar co remitente da información, dar resposta á súa solicitude, petición ou consulta, e xestionar a publicación de consultas ou comentarios.
        2. formalizar a compravenda dos viños elaborados na adega, así como a súa facturación e cobro.
        3. envío de publicidade ou promocións de actividades ou produtos propios.

      Tamén se recollen outros datos non identificativos que se obteñen mediante algunhas cookies que se descargan no ordenador do usuario cando navega por esta web, tal como se detalla na Política de Cookies.
      O interesado poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou supresión, oposición, limitación de tratamento ou portabilidade de datos nos enderezos postal ou electrónico sinalados no punto 1, por medio de escrito asinado ao que se acompañara copia do documento de identidade.Informase tamén do dereito a presentar reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos cando así se considere.

    3. Duración do tratamento de datos. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial, así como o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais.
    4. Lexitimación para o tratamento de datos. A base legal para o tratamento de datos é a actividade comercial da empresa (formalización de compravenda e envío de publicidade de produtos propios).
    5. Comunicación dos datos. Os datos non se cederán a terceiros, salvo naqueles casos nos que exista unha obriga legal.
    6. Empresas de servizos. Aos únicos efectos de manter aberta a presente páxina web, Viña Moraima comparte datos cos seguintes prestadores de servizos:
      1. Servizos de Dominios e Hosting: Dinahosting https://www.dinahosting.com. Trata a información dispoñible nos equipos informáticos que dan soporte aos tratamentos de datos realizados na web de Viña Moraima (www.adegamoraima.com).
      2. Plataforma web: WordPress https://wordpress.org/
      3. Google Analytics: Ferramenta de analítica web da empresa Google https://policies.google.com/privacy/. Utiliza arquivos de texto que se instalan no ordenador do usuario mediante os que obtén información agrupada do tráfico que chega aos sitios web segundo audiencia, adquisición, comportamento e conversións. A información xerada polas cookies sobre o uso feito de www.adegamoraima.com incluíndo a súa dirección IP, son directamente arquivados por Google nos seus servidores.
    7. Exactitude e veracidade dos datos. O usuario é o único responsable da veracidade e corrección dos datos que remite a www.adegamoraima.com, exonerando a titular dos mesmo de calquera responsabilidade ao respecto.
    8. Datos de terceiros. Se o usuario facilita datos de terceiros asume a responsabilidade de informarlles previamente da normativa en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal.
    9. Lei aplicable e xurisdición. Para a resolución das controversias ou conflitos relacionados coa presente web será de aplicación a lexislación española, á que se someten expresamente as partes; así como á competencia dos xulgados e tribunais do partido xudicial de Caldas de Reis (Pontevedra), salvo normativa específica en materia de protección de consumidores e usuarios.

Política de vendas

  1. Obxecto e condicións xerais.
    As presente política de vendas regula as condicións de compra de produtos a través desta web www.adegamoraima.com (en adiante, sitio web ou portal).
    O uso dos seus servizos, así como a adquisición de calquera dos produtos ofertados, supón a aceptación do usuario, sen reservas de ningunha clase, da presente Política de Vendas. Co rexistro neste portal e o uso dos seus servizos os datos do usuario pasarán a formar parte dos ficheiros de Viña Moraima, e serán tratados conforme ao previsto na Política de Privacidade, que o usuario declara expresamente coñecer e aceptar.
    Viña Moraima proporciona información sobre os seus viños, e ofrece a posibilidade de adquisición dos mesmos a través do sitio web. Quen pretenda adquirir produtos deberá ter a condición de “usuario rexistrado” ou “usuario invitado” a cal se adquire ao completar o formulario de rexistro previo ao proceso de compra e seguindo os pasos posteriores.
    Para adquirir produtos nesta web é preciso ser maior de idade (18 anos).
  2. Información sobre os produtos.
    As fotografías, representacións gráficas e vídeos relativos aos produtos de Viña Moraima, así como nomes comerciais, marcas e signos distintivos de calquera clase contidos nesta web teñen por obxecto aportar información sobre os mesmos. Viña Moraima resérvase o dereito a decidir en cada momento os produtos ofrecidos aos usuarios a través deste portal; podendo retirar viños da venda ou engadir outros novos.
  3. Sistema de compra de viños.
    Para proceder á compra de viño, o usuario (rexistrado ou invitado) deberá ser maior de 18 anos, e seguir os pasos indicados no formulario de compra. Rematado o proceso, Viña Moraima remitirá ao correo electrónico facilitado unha mensaxe de confirmación da recepción do pedido, que non terá validez como factura, só como comprobante de compra. A factura será remitida ao usuario nun prazo inferior a 30 días dende a execución da compra.
    O nome do usuario, o seu enderezo, a dirección de correo electrónico e o contrasinal facilitados a Viña Moraima son elementos identificadores e habilitadores para acceder ás compras, que teñen carácter persoal e intrasferíbel. Nome, contrasinal e correo electrónico poderán ser modificados polo usuario, perdendo validez as anteriores.
  4.  Prezos dos produtos.
    Os prezos dos produtos que se ofrecen nesta web inclúen todos os impostos aplicábeis. Os gastos de envío correrán por conta do comprador, e detallaranse na sección “Cesta da Compra” do portal.
    Viña Moraima resérvase o dereito a modificar os prezos dos produtos ofertados en calquera momento. Os produtos facturaranse ao prezo en vigor no momento do rexistro do pedido.
  5. Pagamento dos produtos.
    O pagamento do prezo dos bens adquiridos e os gastos de envío poderase realizar mediante tarxeta de crédito ou débito ou sistema PayPal. Para proceder ao pagamento, o usuario deberá seguir as instrucións que aparezan en pantalla segundo o sistema de pagamento elixido.
    Como sistema de pagamento electrónico, Viña Moraima está adscrita á pasarela de pagamento de correo electrónico. Todos os datos proporcionados a estes efectos son encriptados baixo o Protocolo SSL (Secure Socket Layers) para garantir a máxima seguridade dos mesmos.
    O usuario deberá notificar a Viña Moraima, a través da conta [email protected] calquera cargo indebido ou fraudulento na conta proporcionada para as compras neste sitio web no menor prazo de tempo posible, co obxecto de realizar as comprobacións e correccións oportunas.
  6. Entrega dos produtos.
    Viña Moraima comprométese a entregar os produtos adquiridos no prazo máis breve posible, segundo as zonas de entrega detalladas na nosa tenda. A entrega farase no domicilio sinalado a tal efecto no proceso de compra. A vendedora non será responsable polos erros ou prexuízos causados na entrega cando a dirección facilitada non se axuste ao lugar de entrega desexado polo mesmo.
  7. Devolución do produto.
    (i) Dereito de desistimento.
    O usuario disporá dun prazo máxio de 15 días naturais dende a entrega do produto para desistir, total ou parcialmente, da compra realizada, de conformidade coa lexislación aplicable. Pasado este prazo, Viña Moraima non aceptará devolucións por este motivo.
    Para materializar o desistimento, o comprador deberá poñerse en contacto con Viña Moraima, mediante o envío dun correo electrónico a [email protected]. Tamén poderá empregar o formulario de desistimento dispoñible aquí.
    En calquera caso, para desistir da compra deberán cumprirse os seguintes requisitos:
    a) O produto debe este no mesmo estado no que se recibiu, e conservar o seu etiquetado orixinal.
    b) A devolución farase utilizando a mesma caixa na que se realizou a entrega, ou, no seu defecto, nun formato similar que garante a devolución dos produtos en perfecto estado.
    c) Deberá incluírse no paquete coa devolución do produto copia do xustificante de compra e albará de entrega dos produtos devoltos, indicando, ademais , o motivo da mesma. As devolucións realizaranse a Porráns nº1-baixo, 36191 Barro, Pontevedra. Os gastos de envío serán por conta do usuario.
    (ii) Devolución de produtos defectuosos.
    Sen prexuízo de calquera outro dereito que puideran corresponderlle, o usuario terá dereito ao reembolso do prezo dos produtos se son defectuosos ou non se corresponden co pedido realizado. Neste caso, o comprador poderá optar por que se lle entregue un produto en perfecto estado ou se corresponda co efectivamente adquirido.
    A devolución deberá realizarse cos mesmos requisitos que no apartado (i), salvo que neste caso os custes de devolución serán por conta de Viña Moraima.
    Seguido o procedemento establecido no apartado (i) e cumpridos os requisitos deste apartado (ii), Viña Moraima procederá ao reembolso do prezo aboado correspondente aos produtos devoltos que sexan defectuosos ou non se correspondan coa compra realizada.
    En caso de produto defectuoso, o vendedor deberá proceder, segundo corresponda, á reparación, substitución, rebaixa do prezo ou resolución do contrato; xestións que serán de balde para o consumidor e usuario. O comprador deberá informar ao vendedor da falta de conformidade no prazo de dous meses dende que tivo coñecemento da mesma.
    (iii) Reembolso do prezo.
    Sempre que o comprador siga o procedemento establecido, Viña Moraima reembolsará ao usuario o prezo correspondente aos produtos devoltos. No caso de que a devolución derive do dereito de desistimento do comprador descrito no apartado (i), Viña Moraima non se fará cargo dos custes ou gastos de devolución.
    O comprador non terá dereito ao reembolso do prezo dos produtos devoltos que non se atopen nas mesmas condicións nas que foron entregadas ou se hai incumprimento do procedemento de devolución aquí descrito. As devolucións parciais de un pedido darán lugar ao reembolso do prezo dos produtos efectivamente devoltos.
    Viña Moraima xestionará a orde de devolución do prezo mediante o mesmo sistema de pagamento que o utilizado para a compra, nun prazo de 14 días dende a recollida do pedido devolto, e previa comprobación do cumprimento nos apartados (i) e (ii). A aplicación da devolución do przo na conta do usuario dependerá da entidade bancaria.
  8. Modificación das condicións xerais.
    Viña Moraima reservase o dereito de modificar, en calquera momento, e sen previo aviso, a presentación e configuración deste sitio web, así como a Política de Venda. Os usuarios poderán acceder en todo momento a esta Política, nun sitio visible e libremente accesíbel. Os usuarios comprométense a ler atentamente esta Política de Venda cada vez que acceda á tenda desta páxina. En calquera caso, a aceptación da mesma será paso previo e indispensable para a adquisición de calquera produto dispoñible na mesma.
  9. Comunicacións entre Viña Moraima e os usuarios.
    Todas as comunicacións entre Viña Moraima e o usuario relativas á Política de Venda ou a adquisición de produtos na nosa tenda faranse por escrito e de conformidade cos procedementos establecidos na mesma para cada caso en particular. Para as comunicacións que non teñan previsto un trámite específico, o usuario poderá dirixirse por correo postal a Viña Moraima ao enderezo recollido no punto1, ou ao correo electrónico [email protected] tamén por escrito, e por medio dun sistema que permita acreditar o contido e a recepción por parte de Viña Moraima da comunicación en cuestión.
  10. Contido da Política de Vendas. A presente Política de Vendas, xunto co Aviso Legal e a Política de Privacidade son as únicas condicións aplicábeis ao uso da web e a compra de produtos a través do mesmo. En consecuencia, o usuario que acceda ao presente portal, se rexistre e realice unha compra neste sitio web queda vinculado pola Política de Vendas, Aviso Legal e Política de Privacidade na súa redacción no momento de acceso.
  11. Nulidade parcial.
    En caso de que calquera cláusula da presente Política de Venda fose declarada nula xudicialmente, procederase á retirada ou substitución inmediata da mesma. Porén, dita declaración de nulidade non afectará ao resto de disposicións recollidas na mesma.
  12. Lei aplicable e xurisdición.
    A presente Política de Vendas réxese e interprétase de conformidade coa lexislación española vixente, incluída a lexislación autonómica cando así proceda. A competencia será dos xulgados e tribunais do partido xudicial de Caldas de Reis (Pontevedra), salvo normativa específica en materia de protección de consumidores e usuarios.

Pin It on Pinterest

Share This

Esta área está preparada para widgets

Podes colocar aquí calquera widget que queiras.

You can also display any layout saved in Divi Library.

Let’s try with contact form:

My cart
Your cart is empty.

Looks like you haven't made a choice yet.