Os nosos viñedos

Os nosos viñedos

A singularidade dos nosos viños atópase no viñedo coidado polos nosos socios. Nel traballase durante todo o ano, conseguindo unha colleita coas características enolóxicas favorábeis para acadar un viño de terroir.

As nosas viñas atópanse en releves ondulados de vales abertos e solleiros. Os solos son graníticos, posuidores dunha perfecta drenaxe das augas sobrantes da choiva. A súa media fertilidade é debida a estas características mineralóxicas. Estas diferenzas do Alto Salnés, xunto cun microclima atlántico, pódense apreciar despois nos nosos viños.

Aínda que tamén contamos con plantacións máis recentes, unha parte moi importante da nosa produción procede de pequenos viñedos con plantas de pé franco ou patrón directo; incluso podemos presumir de contar con cepas vellas (centenarias e prefiloxéricas) que se foron reproducindo por acodo e sen ningún tipo de enxerto, mantendo así a maior pureza do material xenético.

O sistema de condución é o emparrado, e úsanse técnicas culturais propias do Alto Salnés: poda tardía, desfollado e aclareo de acios. Os socios de Viña Moraima facemos unha viticultura integrada.

A nosa situación xeográfica fai que dispoñamos dunhas condicións climáticas diferenciadas, que se trasladan directamente aos viños.

Superficie (Ha)

Parcelas

Máis pequena (m²)

Máis grande (m²)

Pin It on Pinterest

Share This

Esta área está preparada para widgets

Podes colocar aquí calquera widget que queiras.

You can also display any layout saved in Divi Library.

Let’s try with contact form:

My cart
Your cart is empty.

Looks like you haven't made a choice yet.