Presentación de Nós, As Mulleres

by 3/Mai/2019Eventos

Fai unhas tres semanas coincidín por casualidade con Higinio Mougán, de AGACA, quen me atracou en canto me viu: que se tiña que ir si ou si a Santiago o 30 de abril, que estaban a artellar algo que me ía interesar, que como Presidenta de Cooperativa non podía faltar… E, como son boa de convencer, cando souben de que trataba a xornada, non dubidei en acudir á presentación de Nós, as mulleres.

Que é Nós, as mulleres?

Nós, as mulleres, é o nome da Asociación de mulleres de cooperativas agrarias de Galicia que dende AGACA se está a impulsar, e cuxa presentación tivo lugar o pasado 30 de abril en Santiago de Compostela, diante dun importante grupo de mulleres cooperativistas e integrantes de Sociedades Agrarias de Transformación (SAT).

A quen vai dirixida?

Nós, as mulleres vai dirixida, principalmente, ás mulleres que forman parte dos distintos órganos de dirección ou intervención de Cooperativas ou SAT de Galicia. Pero se non as houbera, tamén poderán ser socias aquelas mulleres designadas pola cooperativa, e, incluso, as traballadoras.

Cal é o obxectivo desta nova asociación?

Nós, as mulleres nace coa finalidade do desenvolvemento integral da muller, das súas capacidades e integración, participación e promoción da igualdade no seo do movemento asociativo agroalimentario. En especial, na busca dunha maior participación da muller dentro dos órganos directivos das cooperativas; pero outros fins da asociación son o fomento do cooperativismo e da economía social colaborativa, a formación, a profesionalización e a mellora da competitividade. E, como non, a igualdade e a loita contra a violencia de xénero.

Nos, As Mulleres asociacion de mulleres cooperativas agraoalimentacioas de galicia

É necesaria esta asociación?

Moito, pois aínda que en Galicia o número de mulleres que forman parte de SAT ou Cooperativas é moi superior ao que ocorre noutras Comunidades Autónomas, as que dan o paso adiante para conformar os órganos de dirección ou intervención non somos suficientes. Xunto con outros cargos, AGACA conseguiu xuntar na presentación da asociación só a 5 Presidentas; como punto de partida de todo o está por facer.

Pin It on Pinterest

Esta área está preparada para widgets

Podes colocar aquí calquera widget que queiras.

You can also display any layout saved in Divi Library.

Let’s try with contact form:

My cart
Your cart is empty.

Looks like you haven't made a choice yet.