Nós
Quen está detrás de Viña Moraima
Un pequeno grupo de viticultores procedentes de familias tradicionalmente vencelladas ao cultivo da viña e a elaboración do viño, que no ano 2006 decidimos unirmos en forma de cooperativa. Xuntando compromiso e ilusión, o noso obxectivo é preservar as viñas das parcelas propias herdadas dos nosos antergos, continuar co seu traballo e elaborar uns viños que nos acheguen á nosa tradición aproveitando as actuais tecnoloxías.
A nosa adega
Viña Moraima S.Coop.Galega
Somos unha adega situada no concello pontevedrés de Barro, no Alto Salnés, pertencente á D.O. Rías Baixas.
Os nosos viñedos
O tesouro de Viña Moraima
Xeoloxicamente ubicados na Dorsal Meridiana, nas abas do Val do Salnés, os nosos viñedos están sometidos á influenza atlántica perfectamente identificábel nos nosos viños.
Os nosos viños
O resultado de tradición, traballo e viñedo
Enoturismo
Interésache saber máis de nós e de como elaboramos os nosos viños?
Realiza una visita guiada pola nosa adega, e degústaos.
Novas
Cousas que facemos, lugares que visitamos…