Que é o desnete

by 15/Xul/2019Viticultura

Volvo ao noso blog para contarvos un dos coidados tradicionais da viña deste tempo: o desnete.

Que é o desnete?

O desnete é unha práctica tradicional da viña, na que os gromos non produtivos son retirados. Este traballo forma parte da nosa filosofía de produción integrada.

Desnete do albariño nas Rías Baixas

Cando se realiza o desnete?

O período comeza desde a finalización da floración, a chamada purga, deica o comezo do envero. A partir dese momento non se debe tocar o viñedo para evitar a perda de bagos ou mesmo acios.

Cales son as vantaxes do desnete?

Son varios motivos polo que se realiza:

  1. Á couza do acio (Lobesia botrana), unha das pragas que afecta ás nosas vides, non lle gustan os bagos aireados, co cal é un xeito de evitar o seu asentamento.
  2. Acádase unha mellora do contacto dos tratamentos coa uva
  3. Non menos importantes son as salientables melloras económicas que reporta, ao axilizar a vendima facilitando o acceso aos acios.

Trátase xa que logo, dun dos moitos traballos da viña que realizamos os viticultores de Viña Moraima ao longo do ano, co gallo de minimizar os tratamentos fitosanitarios e a obtención dunha uva máis sana e da mellor calidade, que te achegamos en cada unha das nosas botellas.

Sabías do desnete? Cóntanos.

Pin It on Pinterest

Esta área está preparada para widgets

Podes colocar aquí calquera widget que queiras.

You can also display any layout saved in Divi Library.

Let’s try with contact form:

My cart
Your cart is empty.

Looks like you haven't made a choice yet.