Tres novas medallas

by 15/Xan/2022Premios

Rematamos a semana con novos recoñecementos para a nosa adega que fará 16 anos durante o corrente 2022.

Desta volta e como xa e habitual por estas datas, a prestixiosa Guía de Vinos, Bodegas y Destilados de Galicia edita por Servino na súa edición de 2022 tivo a ben galardoarnos con 3 medallas para os nosos 3 viños da D.O. Rïas Baixas e que che presentamos coma se dun podio se tratara.

Moraima Caíño 2018: Medalla de Prata

Plata-Moraima-Caíño-Tinto-Guia-Vinos-Destilados-Bodegas-Galicia-2022
O noso varietal 100% caíño tinto con crianza de polo menos 9 meses de madeira de carballo obtivo unha Medalla de Prata na súa colleita de 2018.

Máis información sobre Moraima Caíño.

Aba de Trasumia 2020: Medalla de Ouro

Oro-Aba-de-Trasumia-2020-Guia-Vinos-Destilados-Bodegas-Galicia-2022
Aba de Trasumia 2020 que consolida unha magnífica traxectoria, sumando ao Acio de Prata recibido na XXXIII Cata dos Viños de Galicia esta Medalla de Ouro.

Máis información sobre Aba de Trasumia 100% albariño.

Moraima Albariño 2020: Medalla de Ouro +

Oro-Mas-Moraima-Albariño-2020-Guia-Vinos-Destilados-Bodegas-Galicia-2022
A catorceava colleita do noso viño máis emblemático 100% monovarietal albariño sobre lías de cepas vellas, Moraima Albariño 2020 acada Oro +.
Máis información sobre Moraima Albariño.

Agradecementos

Grazas a todos os socios que confían no equipo Moraima; a Paadín e ao seu equipo por este recoñecemento e finalmente, a ti que valoras o esforzo que hai detrás e a calidade, elixindo os nosos viños.

Roberto Taibo

Roberto Taibo

Enólogo

Pin It on Pinterest

Esta área está preparada para widgets

Podes colocar aquí calquera widget que queiras.

You can also display any layout saved in Divi Library.

Let’s try with contact form:

My cart
Your cart is empty.

Looks like you haven't made a choice yet.