VIII A Emoción dos Viños

by 5/Nov/2018Eventos

A VIII edición da Emoción dos Viños tivo lugar os pasados días 27 e 28 de outubro. Despois de pasar por Tui e Celanova, nesta ocasión o evento tivo lugar no noso concello, en Barro (Pontevedra), de aí que o viviramos dun xeito moi especial. Participar neste evento foi unha grande oportunidade, xa que se comparte tempo e experiencias con xente afín, tanto os do propio sector como profesionais que acoden á exposición. E, sobre todo con todas esas persoas ás que lles gusta tanto o viño e; que queren saber cousas sobre o que teñen na súa copa.

Se ademais o evento é na nosa casa, a felicidade é maior.

A Emoción dos Viños é unha ocasión única para achegarse a viños de Galicia, España e Portugal aos que dificilmente se pode acceder con facilidade. É ocasión de coñecer viños de pequenas adegas, de cultivos ecolóxicos ou biodinámicos, variedades testimoniais ou elaboracións experimentais. En resumo: coñecer viños que polas súas características diferenciadas dos demais, queren e conseguen emocionarnos, e coa xente que está detrás de cada un deles.

Viños presentado en VIII A Emoción dos Viños 2018

En Viña Moraima quixemos presentar aos asistentes tres dos nosos viños:

  • Moraima Albariño 2017, elaborado en gran parte con uva procedemente de cepas prefiloxéricas e de patrón directo.
  • Moraima Caíño 2016, tamén procedente de viñas prefiloxéricas, que por primeira vez presentamos con 14 meses de crianza en barrica.
  • Mausiño 2017, vinificación experimental realizada coa variedade ratiño de cepas centenarias e prefiloxéricas. Non se comercializa e esta é unha das contadas ocasións na que o público interesado pode acceder a él.

Temos, como non, que dar as grazas ao Concello de Barro por acoller o evento no Pazo da Crega, e aos organizadores do acontecemento e (en especial aos amigos Marina Cruces e Antonio Portela) pola súa loita por reivindicar o viño como ser vivo e totalmente diferente un de outro. E, por suposto, agradecerlles tamén que nos invitaran a formar parte deste senlleiro evento.

Agardamos a seguinte edición, con expectación, con emoción.

Pin It on Pinterest

Esta área está preparada para widgets

Podes colocar aquí calquera widget que queiras.

You can also display any layout saved in Divi Library.

Let’s try with contact form:

My cart
Your cart is empty.

Looks like you haven't made a choice yet.