VIII Xornadas de portas abertas das Rutas do Viño de Galicia

by 11/Xuñ/2019Eventos

Este mes, teñen lugar en Galicia as VIII Xornadas de Portas Abertas das diferentes Rutas do Viño do país. Así, a fin de semana do 7 ao 9 de xuño, abrimos as nosas portas as adegas das Denominacións de Orixe Rías Baixas e o Ribeiro.
E a vindeira, do 14 ao 16 do mesmo mes, farano as das Denominacións de Orixe Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras.

Estas xornadas supoñen unha ocasión excepcional para visitar e coñecer as ducias de Adegas que se reparten pola xeografía galega, que abrirán as súas portas nos horarios establecidos polas Rutas do Viño desas Denominacións; Os dous sábados ás 11:30, 13:00 e 17:00 horas e os dous domingos ás 12:00 horas.
Permanecerán abertas para recibir a quen desexe gozar do mundo do viño, ofertando visitas guiadas con degustación de maneira totalmente gratuíta, ademais dunha ampla gama de actividades e experiencias, que farán as ledicias do enoturista.

Nós, en Viña Moraima, estreabámonos nestas Xornadas a pasada fin de semana.
Recibimos o bus da Ruta do Viño Rías Baixas o sábado día 8, ás 11:30 da mañá, con 25 persoas interesadas por coñecer un pouco máis sobre as Adegas da contorna e o proceso de elaboración dos viños.
A visita correu a cargo do noso enólogo, Roberto,  que logo de comentar as orixes da nosa Cooperativa e o noso proceso produtivo, foi resolvendo as dúbidas que os nosos visitantes foron plantexando.
Tras isto chegou o momento máis esperado e festivo, o da cata, e entre charlas e risas fomos desvelando os matices de tres dos nosos viños, Moraima Albariño  e Aba de Trasumia (albariño) e o noso tinto Moraima Caíño.

Despedimos aos nosos visitantes agasallando a cada un, cunha Botella de Moraima Albariño, Edición Especial, agardando que os compartan e gusten, tanto coma nos gustou recibilos.

E agora, ten que pasar un ano enteiro para volver a gozar doutra marabillosa Xornada de Portas Abertas, e neste tempo, pensaremos que se nos ocorre para sorprender e agradar aos nosos vindeiros enoturistas.

Agardámosvos o ano que vén! E se queres vir visitarnos antes, só tes que avisarnos. A visita é de balde.

Pin It on Pinterest

Esta área está preparada para widgets

Podes colocar aquí calquera widget que queiras.

You can also display any layout saved in Divi Library.

Let’s try with contact form:

My cart
Your cart is empty.

Looks like you haven't made a choice yet.